xoves, 26 de xaneiro de 2017

Maleza fresada

Aproveitando que estamos en inverno e lle caiu a folla ás paulownias fresouse toda a leira para eliminar a maleza o 20 de xaneiro. Este inverno está sendo moi seco e por fin chegou o frío cando xa parecía que non iamos ter inverno. Fotos:

Plantación fresada. O branco é xeada.

Mirando cara ao norte

Parece neve pero non o é

Hai paulownias que parecen palitroques e outras teñen algunha póla

Paulownia de seguimento B, mirando cara o oeste

Vista desde a esquina noroeste. Paulownia de seguimento A en primeiro plano

Outra vista

Paulownia coa punta rota na esquina sueste. Debeu romper a finais de 2016 cando fixo bastante vento

Vista desde outro ángulo. Vese que os troncos están focos.