mércores, 21 de decembro de 2016

Caída da folla

Bastante tempo pasou xa desde a última entrada. As paulownias deixaron de medrar e xa lles caiu case toda a folla:

Vista da plantación sen follas.

Paulownia B. Ten máis de 3 metros de altura e unha chea de pólas.

A paulownia B xa non me colle na man. Debe ter uns cinco centímetros de diámetro. É a máis desenvolvida da plantación, todo hai que dicilo.

Resulta que ten tres troncos separados.

Vista dos "palitroques" da plantación. Xa non parece tanta cousa sen as follas. Ata parece que a maleza é máis do que era.

Aínda conserva unhas follas cativas nunha das pólas.

Competencia de eucaliptos. Este tiña un tercio da altura da paulownia que ten detrás. Naciu de semente. Arrinqueino pouco despois. É incrible a pouca raíz que teñen.

Esta tiña toda a pinta de ter tirado toda a folla xusto antes de chegar eu. Non ten ningunha póla, ao igual que a maioría das paulownias máis cativas da plantación.


Ademais tamén aproveitei para ver o progreso das sequoias que teño noutra leira próxima:

As sequoias son perennes.

Vista desde outro ángulo.